Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57976

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir un posto de traballo mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada:

– 1 praza de xefe de equipo de policía portuaria– concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, na Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberanse presentar, no prazo de 20 (vinte) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015 ou, telematicamente, a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este rematará o seguinte día hábil.

Vigo, 11 de decembro de 2017

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo