Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da oferta de emprego público 2017.

No BOP de Pontevedra núm. 192, do 5 de outubro de 2017, publicouse o anuncio do Acordo da Xunta de Goberno Local, do 24 de xullo de 2017, de aprobación da oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se sinalan para o ano 2017, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do texto refundido do Estatuto básico do empregado público:

Persoal funcionario.

Escala de Administración especial, grupo C, subgrupo C1. Denominación: policía local. Número de vacantes: tres (3).

Prazo de convocatoria: un (1) ano.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 16 de novembro de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde