Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Candelas Valeiras Muñoz.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 402/2017 (procedemento abreviado), interposto por Candelas Valeiras Muñoz contra a resolución presunta da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 3 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 94, do 18 de maio de 2017).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos