Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 57991

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 5 de decembro de 2017 pola que se clasifica de interese educativo a Fundación Mentor.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Mentor con domicilio na rúa Pontevedra número 1, en Vigo (Pontevedra).

Feitos:

1. O 21 de setembro de 2017, Gabriel Baltar Giraud, secretario do padroado da Fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Mentor constituíse en escritura pública outorgada en Vigo (Pontevedra) o 10 de xullo de 2017, ante o notario Fernando Olmedo Castañeda, co número de protocolo 1.814, polas seguintes entidades: CZ Veterinaria., S.A., representada por Andrés Fernández Álvarez-Santullano; Grupo Profand, S.L., representada por Rafael Martínez Fernández; Pescapuerta, S.A., representada por Javier Calles Prieto; Hospital Povisa, S.A., representada por José Bernardo Silveira Martín; Baltar Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., representada por Gabriel Baltar Giraud; Izmar, S.L.U., representada por Francisco Gustavo Izquierdo Martínez; Fundación Serafín Ocaña, representada por Agustín Riobó Quintas; Sagres, S.L., representada por Alejandro Luis Marqués de Magallanes Regojo; Auren Atlántico Servicios Centrales, S.L., representada por María Concepción Vilaboa Martínez; Maio Galicia, S.L.P., representada por Ramón González-Babe Iglesias; Grupo Ibérica de Congelados, S.A., representada por Alberto Freire Plana; Dosvalor J.H., S.L., representada por José Alejandro Regojo Zapata; Mascato, S.A., representada por Julio Lloves Vieira; P.A. Consultoría y Formación, S.L., representada por Diego Riera Táboas; Francisco Cardama, S.A., representada por Mario Cardama Barrientos; Asesoría Informática Gallega, S.L., representada por Edelmiro González Martínez e Santiago Viso Martínez; Iberatlantic Global Corporation, S.L., representada por Pedro Mouriño Uzal; Geriavi, S.A.U., representada por Josefa Isabel Fernández Miguélez; Deloitte Asesores Tributarios, S.L., representada por Fernando Vázquez Castro; Pérez Rumbao, S.A.U., representada por José Ramón Pérez Nieto; e Cuatrecasas Gonçalves Pereira, S.L.P., representada por Juan Ramón Güell Cancela.

3. A Fundación, segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto o fomento e o desenvolvemento do talento e a capacidade de traballo dos alumnos que se atopen na súa formación xurídico-empresarial coa finalidade de que os ditos alumnos dispoñan de todas as ferramentas requiridas polo mundo empresarial e profesional.

4. O padroado inicial da Fundación está formado por Andrés Fernández Álvarez-Santullano, en representación de CZ Veterinaria, S.A., como presidente; Jorge Falagán Mota, como vicepresidente; Gabriel Baltar Giraud, en representación de Baltar Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., como secretario; e Rafael Martínez Fernández, en representación do Grupo Profand, S.L.; Javier Calles Prieto, en representación de Pescapuerta, S.A.; José Bernardo Silveira Martín, en representación do Hospital Povisa, S.A.; Francisco Gustavo Izquierdo Martínez, en representación de Izmar, S.L.U.; Clara Aurora Pazos Iglesias, en representación da Fundación Serafín Ocaña; Alejandro Luis Marqués de Magallanes Regojo, en representación de Sagres, S.L.; María Concepción Vilaboa Martínez, en representación de Auren Atlántico Servicios Centrales, S.L.; Ramón González-Babe Iglesias, en representación de Maio Galicia, S.L.P.; Alberto Freire Plana, en representación de Grupo Ibérica de Congelados, S.A.; Juán Güell Cancela, en representación de Dosvalor J.H., S.L.; Julio Lloves Vieira, en representación de Mascato, S.A.; Diego Riera Táboas, en representación de P.A. Consultoría y Formación, S.L.; Mario Cardama Barrientos, en representación de Francisco Cardama, S.A.; Edelmiro González Martínez, en representación da Asesoría Informática Gallega, S.L.; Pedro Mouriño Uzal, en representación de Iberatlantic Global Corporation, S.L.; Josefa Isabel Fernández Miguélez, en representación de Geriavi, S.A.U.; Fernando Vázquez Castro, en representación de Deloitte Asesores Tributarios, S.L.; José Ramón Pérez Nieto, en representación de Pérez Rumbao, S.A.U.; Luis Güell Cancela, en representación de Cuatrecasas Gonçalves Pereira, S.L.P.; e Guillermo Pérez Aboy como vogais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese educativo da Fundación Mentor, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de secretarios xerais, procede a súa clasificación como de interese educativo e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, corresponde a esta Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 21 de novembro de 2017.

DISPOÑO:

Clasificar de interese educativo a Fundación Mentor, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñer previamente e con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza