Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 57994

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que designan os membros e se fai pública a composición do xurado que analizará e valorará as solicitudes das entidades que aspiran aos premios Coopera Galicia para as entidades locais correspondentes ao ano 2017.

En virtude da habilitación conferida pola disposición derradeira segunda da Orde do 12 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia para as entidades locais 2017 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro), e de conformidade co establecido nos artigos 2.5, 7.3 e 10 da mesma orde, en relación coa composición do xurado encargado da análise e selección das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes que concorren aos premios Coopera Galicia para as entidades locais correspondentes ao ano 2017 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local

ANEXO
Xurado

Presidente:

– Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local.

Vicepresidente:

– Alfredo García Rodríguez, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Vogais:

– Álvaro Santos Ramos, vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, por designación da Fegamp, en representación das deputacións provinciais.

– Alfonso Villares Bermúdez, alcalde de Cervo, por designación da Fegamp.

– Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo, por designación da Fegamp.

– Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola Galega de Administración Pública, designada pola Dirección Xeral de Administración Local.

– José Manuel Pardellas Rivera, funcionario da Administración Local con habilitación de carácter estatal, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.

Secretaria:

– Raquel Bahillo Varela, subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, que actuará con voz e sen voto.