Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 57996

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas nos capítulos II e IV da Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (Programa I –procedemento TR341K- e Programa III –procedemento TR341M-).

A Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG núm. 189, do 4 de outubro de 2017), establece no seu artigo 2.5 que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles e que o incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de fondos finalistas incorporados e de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos de fondos finalistas incluídos no mesmo programa e servizo, e coa finalidade de facer chegar as axudas ao maior número posible de centros especiais de emprego, conforme o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, parece conveniente ampliar os créditos consignados no artigo 51.1 da Orde do 20 de setembro de 2017 que convoca as axudas para as anualidades 2017-2018.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado no artigo 51.1 para os programas I e III da Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 nas seguintes contías:

Programa I de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional: 200.000 € para a anualidade 2017 e 150.000 € para a anualidade 2018.

Programa III de axudas ao custo salarial: 1.183.000 € para a anualidade 2017 e 1.877.000 para a anualidade 2018.

Na seguinte táboa reprodúcese o importe dos créditos da devandita Orde do 20 de setembro de 2017, pormenorizados por anualidades e aplicacións orzamentarias, indicando os importes iniciais e ampliados para cada programa de axudas.

código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2017

Anualidade 2018

2016 00309

Importe inicial

Ampliación

Importe final

Importe inicial

Ampliación

Importe final

Programa I: unidades de apoio (TR341K)

09.40.322C.470.0

450.000

200.000

650.000

337.500

150.000

487.500

09.40.322C.481.0

100.000

 

100.000

75.000

 

75.000

Total Programa I

550.000

200.000

750.000

412.500

150.000

562.500

Programa II: creación, ampliación, adaptación postos (TR341E/N)

09.40.322C.470.0

1.000.000

0

1.000.000

750.000

0

750.000

09.40.322C.481.0

70.000

0

70.000

52.500

0

52.500

Total Programa II

1.070.000

0

1.070.000

802.500

0

802.500

Programa III: custo salarial (TR341M)

09.40.322C.470.1

2.480.522

1.100.000

3.580.522

6.288.126

1.684.000

7.972.126

09.40.322C.481.1

220.000

83.000

303.000

636.821

193.000

829.821

Total Programa III

2.700.522

1.183.000

3.883.522

6.924.947

1.877.000

8.801.947

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta ao prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria