Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública o Plan básico autonómico.

O Plan básico autonómico é o instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da lexislación sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes. Este instrumento será de aplicación nos concellos que carezan de Plan xeral de ordenación municipal e terá carácter complementario do planeamento municipal.

A persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ao abeiro do disposto nos artigos 50.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 102.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, e de conformidade co Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co artigo 3 do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, con data do 14 de decembro de 2017, acordou aprobar inicialmente o Plan básico autonómico.

En cumprimento do disposto nos artigos sinalados, sométese a información pública o Plan básico autonómico, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias do Instituto de Estudos do Territorio, sitas en San Lázaro, s/n (15781 Santiago de Compostela), e nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, e presentar ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio as alegacións, documentos e xustificacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, poderá consultarse o Plan básico autonómico e achegarse por vía telemática as referidas alegacións, a través dos seguintes enlaces:

Descargas: http://mapas.xunta.gal/visores/descargas-pba/.

Visor: http://mapas.xunta.gal/visores/pba/.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo