Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilariño de Conso (expediente IN407A 2017/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Domicilio social: paseo Conde de los Gaitanes, 177, 28109 Alcobendas (Madrid).

Denominación: ampliación da subestación eléctrica de Conso, 220 kV.

Situación: Vilariño de Conso.

Características técnicas: ampliación da subestación de Conso de 220 kV, con dúas novas posicións intemperie dobre barra e con intensidade de curtocircuíto 40 kA: rúa 5 posición Adif 1, rúa 8 posición Adif 2, cun (1) interruptor, respectivamente; a tensión é a 220 kV, tecnoloxía AIS.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notifiación, ou ben cando intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 21 de novembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/14-3.

Concello: Vilariño de Conso.

Denominación: ampliación da subestación de Conso.

Parcela

proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Superficie parcela (m²)

Ocupación

pleno dominio subestación (m²)

Ocupación temporal (m²)

Natureza do terreo

1

Iberdrola

32093A014003550000TI

14

355

71.317

2.250

300

Industrial