Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado de Caranza, Ferrol, e a solicitude de autorización administrativa de peche da planta de GLP na urbanización de Caranza, Ferrol, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expedientes IN627A 2017/21-0 e IN627A 2017/25-0).

Para os efectos previstos no artigo 46.bis.8 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado de Caranza, Ferrol (A Coruña) e a autorización administrativa de peche da planta de GLP na urbanización de Caranza, Ferrol (A Coruña).

Descrición das instalacións:

Rede:

A rede de GLP existente pasará a subministrarse a través dunha conexión á rede de distribución de gas natural existente en Ferrol, que alimentará a rede de gas natural MOP 3,5 bar.

No cambio de gas propano a gas natural aproveitarase toda a rede de GLP xa que as novas condicións de distribución de gas natural, neste caso MOP 3,5 bar, serán soportadas pola rede existente de GLP.

Realizarase a adaptación das instalacións interiores ao regulamento de distribución e utilización de gases combustibles e as adecuacións necesarias dos aparellos de utilización.

Desmantelamento da planta de GLP:

A instalación que se vai desmantelar está formada por tres depósitos de propano de 115 m3 de capacidade unitaria, para o almacenamento de ata 114.900 kg de combustible (grao máximo de enchedura ao 85 %), en instalación aérea, con número de identificación 50020921.

Termo municipal: as solicitudes afectan o termo municipal de Ferrol, na provincia da Coruña.

Orzamento:

Rede: vinte mil oitocentos corenta euros con doce céntimos (20.840,12 €).

Desmantelamento da planta de GLP: vinte e catro mil trescentos sesenta e sete euros con vinte e sete céntimos (24.367,27 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio; poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, andar 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas