Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58003

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se incrementa o crédito da Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

No Diario Oficial de Galicia número 71, do 11 de abril de 2017, publicouse a Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (corrección de erros no DOG núm. 80, do 26 de abril).

No artigo 6.1 sobre «Crédito orzamentario» determínase un importe de 221.126,38 € destinado a atender as solicitudes que se presenten a esta convocatoria de axudas. Así mesmo, establece que a dita asignación orzamentaria poderá ser incrementada nos termos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Á data actual producíronse incrementos de crédito na aplicación orzamentaria financiadora destas axudas derivadas de incorporacións e de remanentes da convocatoria do ano anterior, por un importe total de 100.508,87 €, polo que procede incrementar o importe do crédito destinado á convocatoria de axudas deste ano ata o límite de gasto cofinanciado polo FSE autorizado con carácter previo para o ano 2017 (313.955 €).

En consecuencia, no uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 30 de marzo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O número 1 do artigo 6 da Orde do 30 de marzo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, queda modificada como segue:

«1. O financiamento das axudas previstas nesta orde efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 12.04.312E.480.00 (proxecto 2016-00162), cun importe de 313.955 € destinado a atender as solicitudes, cofinanciada nun 80 % con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, obxectivo específico 9.4.1 “Mellorar a accesibilidade para as persoas máis vulnerables a servizos de atención sanitaria, sociais e de orientación, formación e educación, incluíndo a eliminación dos estereotipos”.

A dita asignación orzamentaria poderá ser incrementada nos termos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orden entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social