Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obra para a construción dun edificio para 36 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do Plan parcial de Cambeses, na rúa Ignacio Grobas en Vigo (expediente PO-2015/020).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construción dun edificio para 36 viviendas de protección pública, garaxes, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do Plan parcial de Cambeses na rúa Ignacio Grobas en Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: catro millóns cincocentos corenta e dous mil setecentos vinte e dous euros con trece céntimos (4.542.722,13 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): catrocentos cincuenta e catro mil douscentos setenta e dous euros con vinte e un céntimos (454.272,21 €).

c) Importe total: catro millóns novecentos noventa e seis mil novecentos noventa e catro euros con trinta e catro céntimos (4.996.994,34 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría 4.

b) Concreción da solvencia técnica ou profesional: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación:

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o de prescricións técnicas (PPT) polos que se deberá rexer a contratación poderanse recoller durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultar na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=235460. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350.

8. Presentación das oferta:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax 981 54 16 00 no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio:

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo