Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de impresión de material gráfico, tramitación anticipada, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: impresión de material gráfico necesario para o desenvolvemento das funcións encomendadas á Axencia Turismo de Galicia: asistencia a feiras, atención ás demandas de información por parte de usuarios nas oficinas de turismo, asistencia a actos promocionais e outras funcións.

Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada nos criterios establecidos no prego.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 80.000 €.

IVE (21 %): 16.800 €.

Importe total IVE incluído: 96.800,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=238465

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, A Coruña, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que serán anunciadas no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia