Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58173

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se establece o formato da notificación de posta fóra de servizo do ascensor regulada no Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional segunda do Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a dirección xeral competente en materia de industria publicará no Diario Oficial de Galicia o formato da notificación de posta fóra de servizo do ascensor, regulada no artigo 8 do dito decreto.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Establecer o formato da notificación de posta fóra de servizo do ascensor, regulada no artigo 8 do Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

NOTIFICACIÓN DE POSTA FÓRA DE SERVIZO DO ASCENSOR

Don/dona ________________________________________ inspector/a do organismo de control _______________________ , con número de Rexistro Integrado Industrial _______

CERTIFICA

1. Que ás __:__ horas do día __:__:__ inspeccionou o seguinte ascensor:

Nº RAE:

Titular:

Enderezo de instalación:

2. Que a cualificación da inspección foi NEGATIVA.

3. Que os motivos para a dita cualificación negativa son os seguintes:

4. Polo dito, ínstase á empresa conservadora __________________________________ , con CIF ____________ a deixar o ascensor fóra de servizo procedendo á súa paralización.

OBSERVACIÓNS:

Pola empresa conservadora:

Don/dona _________________

DNI ___________________

Sinatura

Polo/a titular:

Don/dona _________________

DNI ___________________

Sinatura

En ____________________, _____ de ____________ de _______

Sinatura do/da inspector/a e selo da OCA