Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58330

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de decembro de 2017 pola que se autoriza á Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación práctica dirixidas a persoas tituladas superiores universitarias e en formación profesional en asuntos relacionados coa Unión Europea.

A disposición derradeira sétima, número 2, da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, dá nova redacción ao número 1 da disposición adicional décimo sexta da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que pasa a dispoñer que as fundacións do sector público unicamente poderán conceder subvencións cando así se lle autorice á correspondente fundación de forma expresa mediante acordo do ministerio de adscrición ou órgano equivalente da Administración ao cal a fundación estea adscrita.

Esta modificación normativa, que segundo a disposición adicional primeira ten o carácter de lexislación básica, entrou en vigor o 3 de outubro de 2015, de conformidade coa disposición derradeira décimo oitava.2 da citada Lei 40/2015, polo que, a partir desa data, o outorgamento de subvencións pola Fundación Galicia Europa (FGE) require a autorización expresa da consellería de adscrición, no presente caso da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Así mesmo, conforme establece a mesma disposición adicional decimo sexta da Lei 38/2003, do 17 de novembro, na redacción dada pola disposición derradeira sétima da Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aprobación das bases reguladoras será exercida polos órganos da Administración que financien en maior proporción a subvención correspondente.

Segundo o establecido na disposición adicional primeira do Decreto 178/2015, do 26 de novembro, polo que se regula a acción exterior da Comunidade Autónoma de Galicia, a Fundación Galicia Europa é unha entidade sen ánimo de lucro e ente instrumental do sector público autonómico galego que depende orgánica e funcionalmente do centro directivo no cal se encadren as competencias fundamentais de acción exterior.

Segundo o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, modificado polo Decreto 11/2015, do 5 de febreiro, a Vicepresidencia, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE ten, entre outras funcións, a de proxección exterior de Galicia e a execución da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais doutros órganos ou unidades, así como a coordinación e seguimento da xestión da Fundación Galicia Europa.

Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das competencias que me foron atribuídas,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorización

Autorizar a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións para a formación práctica dirixidas a persoas tituladas superiores universitarias e en formación profesional en asuntos relacionados coa Unión Europea.

Segundo. Bases reguladoras

Aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación práctica para persoas tituladas superiores universitarias e en formación profesional en asuntos relacionados coa Unión Europea.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva de seis bolsas de formación, cinco dirixidas a persoas licenciadas ou posuidoras de grao universitario e unha dirixida a persoas técnicas superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á Dirección, para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas (código de procedemento PR770N).

Artigo 1. Introdución

Segundo o establecido na disposición adicional primeira do Decreto 178/2015, do 26 de novembro, polo que se regula a acción exterior da Comunidade Autónoma de Galicia, a Fundación Galicia Europa (FGE) ten o mandato da Xunta de Galicia para exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado. A FGE prestará apoio aos distintos departamentos e entidades da Xunta de Galicia, así como ás restantes administracións públicas, organismos e corporacións galegas, no exercicio da súa participación nos asuntos da Unión, e colaborará na preparación de viaxes e visitas institucionais das autoridades de Galicia ás institucións e órganos da Unión, así como das autoridades das citadas institucións e órganos a Galicia.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE ten, entre outras funcións, a proxección exterior de Galicia e a execución da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais doutros órganos ou unidades, así como a coordinación e seguimento da xestión da Fundación Galicia Europa, segundo o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, modificado polo Decreto 11/2015, do 5 de febreiro.

A Fundación Galicia Europa constitúese ao abeiro do artigo 34.1 da Constitución española e réxese pola Lei 12/2006, do 1 de decembro, sobre o réxime das fundacións de interese galego e pola Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia. Esta fundación, creada en 1988, é unha institución sen ánimo de lucro que ten por finalidade promover o achegamento entre Galicia e Europa.

O traballo da FGE materialízase en catro grandes ámbitos de acción que responden aos obxectivos de defender os intereses de Galicia ante a Unión Europea (UE), informar sobre a UE en Galicia, promover a participación galega en proxectos europeos e formar e sensibilizar sobre Europa.

A formación da mocidade é un dos piares da actividade da FGE e con este obxectivo convócanse cada ano bolsas de formación en asuntos relacionados coa Unión Europea coa finalidade de que a mocidade galega poida incrementar o seu coñecemento sobre o funcionamento da UE e das súas políticas.

Artigo 2. Obxecto, finalidade e duración

Estas bases regulan as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión de seis bolsas de formación práctica, cinco dirixidas a persoas licenciadas ou posuidoras de grao universitario e unha dirixida a persoas técnicas superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á Dirección, para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas durante o ano 2018 (código de procedemento PR770N).

As bolsas distribuiranse da seguinte maneira:

1. Catro (4) bolsas estarán destinadas a persoas tituladas universitarias para a formación no seguimento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas, así como coa captación de financiamento comunitario e xestión de proxectos europeos, nas que se valorarán preferentemente as seguintes titulacións: grao ou licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais e Ciencias Económicas. Destas catro bolsas, dúas estarán destinadas na oficina da FGE de Bruxelas e outras dúas na de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes expresarán na solicitude de admisión da convocatoria a súa preferencia polo lugar de desenvolvemento das bolsas. Esta preferencia terase en conta, sen prexuízo da potestade da FGE de valorar a idoneidade das persoas beneficiarias para calquera dos destinos, en función dos coñecementos lingüísticos e da formación académica.

2. Unha (1) bolsa estará destinada a persoas tituladas universitarias para a formación en comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da presenza de Galicia nos organismos europeos, con destino na oficina de Bruxelas. As persoas candidatas a esta bolsa deberán estar en posesión do grao ou licenciatura en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.

3. Unha (1) bolsa estará destinada a persoas técnicas superiores de formación profesional para a realización de prácticas con destino na oficina de Bruxelas que deberán estar en posesión da titulación de técnica/o superior en Secretariado ou en Asistencia á Dirección.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2018 cunha duración máxima de 11 meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras.

Para poder ser beneficiario das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7 das bases reguladoras.

As persoas aspirantes só poderán presentarse a unha destas modalidades de bolsa.

Artigo 3. Obxectivo das bolsas

O obxectivo das bolsas é que as persoas beneficiarias afonden no coñecemento da UE realizando prácticas de aprendizaxe e familiarizándose co funcionamento das súas institucións, das políticas comunitarias, do marco financeiro e dos diversos programas de cooperación nomeadamente naqueles sectores máis vinculados con Galicia, co fin de favorecer o seu acceso ao mercado laboral, ademais de ofrecerlles a posibilidade de integrarse nun contorno multicultural e multilingüe.

Artigo 4. Condicións xerais

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

As bolsas serán indivisibles e improrrogables. Serán tamén incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remunerada.

As persoas adxudicatarias, no momento de aceptación da bolsa, non poderán ser perceptoras de salarios ou outros ingresos que impliquen vinculación contractual ou estatutaria. As bolsas son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

As persoas solicitantes non poderán estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

A concesión e goce da bolsa non supoñerá vinculación civil, laboral ou funcionarial entre a persoa bolseira e a Fundación Galicia Europa.

A estas bolsas non lles será aplicable o Estatuto do persoal investigador en formación.

Artigo 5. Persoas beneficiarias

Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

1. Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2. Ser natural de Galicia, ou ser fillo/filla de galegos ou acreditar residencia en Galicia desde antes do 1 de xaneiro de 2015.

3. Titulación: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos, todos eles obtidos con posterioridade ao 31 de decembro de 2010:

a) Para as bolsas de formación no seguimento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas, así como coa captación de financiamento comunitario e xestión de proxectos europeos: título universitario superior (licenciatura ou grao).

b) Para a bolsa de formación en comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da presenza de Galicia nos organismos europeos: grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.

c) Para a bolsa dirixida a titulados de formación profesional: título de técnica/o superior en Secretariado ou técnica/o superior en Asistencia á Dirección.

4. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a catro meses.

5. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do obxecto desta bolsa.

Artigo 6. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. A documentación complementaria presentarase preferentemente por vía electrónica. Tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños e límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

7. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 7. Documentación que hai que presentar e declaracións responsables

1. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

• Copia do pasaporte no caso de nacionais da Unión Europea residentes fóra de España e que non posúan NIE.

• Copia do libro de familia ou documento equivalente para aqueles solicitantes que pretendan acreditar a filiación de proxenitores galegos.

• Copia da certificación do expediente académico universitario ou de formación profesional. No primeiro caso, deberase presentar certificación expedida pola universidade en que conste a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003; no segundo, certificación do expediente académico expedido polo centro educativo en que conste a nota media do expediente calculada segundo o establecido na Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

• Validación pola Administración educativa española, no caso de presentar un título estranxeiro.

• Xustificación do pagamento dos dereitos de expedición da titulación correspondente (no caso de non estar en posesión do título universitario ou de formación profesional).

• Currículo, preferentemente en formato Europass.

• Copia dos títulos acreditativos do nivel de idiomas segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas.

• Relación de méritos puntuables conforme o anexo V. Copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Se non son acreditados documentalmente non se terá en conta. Os documentos presentados en lingua distinta ao español, galego, inglés, francés ou portugués deberán ir acompañados dunha tradución xurada.

En ningún caso se presentará documentación relativa a méritos non susceptibles de valoración.

A persoa solicitante asinará as seguintes declaracións responsables:

* No anexo II: solicitude.

– Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.

– Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

* No anexo III: no caso de resultar beneficiaria da bolsa, aceptación ou renuncia da súa concesión.

* No anexo IV, no caso de resultar beneficiaria da bolsa, declaración responsable de:

– Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.

– Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Non atoparse incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Non ter ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria ou percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

– Non ter solicitado nin ter concedida ningunha outra subvención, axuda ou ingreso para este mesmo proxecto e conceptos para os cales solicita a bolsa.

– Que cumpre co requisito establecido no artigo 5.4 das bases reguladoras desta orde.

* No anexo V: relación de méritos puntuables da persoa solicitante.

2. Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores, poderá requirirse o solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 8. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos da persoa solicitante incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

• DNI ou NIE.

• Datos de residencia.

• Título oficial universitario ou de formación profesional.

• Título Celga 3 ou 4 expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e presentar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Comisión de valoración

1. Dentro dos quince días naturais seguintes ao da publicación desta convocatoria, o director da FGE designará unha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no seguinte artigo, así como de elevar ao órgano instrutor a proposta de concesión ou denegación das bolsas.

O seu funcionamento rexerase polo disposto na sección 3ª do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Relación coa Unión Europea da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou a persoa en quen delegue.

Secretaría: a directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas ou persoa en quen delegue.

Vogais: ata un máximo de tres vogais que serán designados entre o persoal da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e FGE.

A composición da comisión de valoración farase pública na páxina web da FGE.

3. A comisión poderá estar asesorada polo persoal técnico que considere necesario, o cal asistirá ás sesións con voz pero sen voto.

4. A comisión está clasificada na categoría superior para os efectos previstos no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Artigo 10. Avaliación das solicitudes

O proceso de selección desenvolverase en dúas fases de modo simultáneo para as distintas modalidades de bolsa.

Dado que parte da comisión de valoración pode estar situada en Bruxelas, queda aberta a posibilidade de utilización de videoconferencia.

I. Persoas tituladas universitarias.

As fases son comúns para os candidatos ás bolsas de formación en seguimento de asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas e á bolsa de formación en comunicación.

1. Primeira fase: valoración de méritos. Máximo 40 puntos.

Formación

Máximo 40 puntos

Expediente académico

Ata 10 puntos pola nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003

Estudos preferentes

Por estar en posesión dunha das titulacións preferentes relacionadas no artigo 2.1 das bases:

– 5 puntos polo primeiro grao ou licenciatura

– 2 puntos polo segundo grao ou licenciatura

Mestrado ou posgrao

– 6 puntos por mestrado ou posgrao universitario recoñecido oficialmente e específico en asuntos europeos ou relacións internacionais

Cursos relacionados cos ámbitos obxecto das bolsas

– 0,50 puntos por curso de duración igual ou superior a 20 horas e ata 74 horas

– 1 punto por curso de duración igual ou superior a 75 horas

A puntuación máxima que se pode obter nesta epígrafe é de 5 puntos

A acreditación dos estudos e titulacións realizarase mediante copia dos títulos ou certificados de participación nas actividades formativas

Lingua galega

– 2 puntos polo Celga 4 ou titulación equivalente ou superior

Linguas inglesa e francesa

O nivel de coñecemento acreditarase mediante o título da Escola Oficial de Idiomas ou outras institucións oficiais dentro do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL)

– Nivel B2: 3 puntos

– Nivel C1: 4 puntos

– Nivel C2: 5 puntos

As puntuacións por niveis dunha mesma lingua non son acumulativas.

Aplicaranse 3 puntos nesta epígrafe aos graos ou licenciaturas en Filoloxía ou Tradución e Interpretación das linguas referidas para aqueles casos en que non se presente certificado do MCERL

Pasarán á seguinte fase, entrevista persoal, os 20 primeiros clasificados na modalidade de asuntos e políticas europeas e os 6 primeiros clasificados na modalidade de comunicación das políticas comunitarias, por orde decrecente de puntuación. En caso de empate nas posicións 20 e 6, respectivamente, pasarán todas as persoas aspirantes que teñan esa mesma puntuación.

2. Segunda fase: entrevista persoal. Máximo 10 puntos.

As persoas candidatas seleccionadas serán convocadas a unha entrevista na cal se valorará o coñecemento xeral e de actualidade sobre asuntos europeos da persoa aspirante e a súa capacidade de adaptación e de traballo en equipo, especialmente nun contorno multicultural e multilingüe; a comisión de valoración poderá efectuar preguntas en lingua inglesa e/ou francesa.

II. Técnica/o superior de formación profesional.

A comisión fará a avaliación das solicitudes en dúas fases e de acordo cos seguintes criterios:

1. Primeira fase: valoración de méritos. Máximo 40 puntos.

Formación

Máximo 40 puntos

Expediente académico

Ata 10 puntos pola nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido na Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Titulación

Título de técnica/o superior de Administración e Finanzas ou de técnica/o superior dun ciclo formativo da familia profesional de Informática e Comunicacións, ou equivalente: 5 puntos cada titulación

Deberán ser acreditados documentalmente e expedidos por centros oficiais recoñecidos (máximo de 10 puntos)

Cursos relacionados con asuntos europeos

0,50 puntos por curso de duración igual ou superior a 20 horas e ata 74 horas

1 punto por curso de duración igual ou superior a 75 horas

A puntuación máxima que se pode obter nesta epígrafe é de 5 puntos

A acreditación dos estudos e titulacións realizarase mediante copia dos títulos ou certificados de participación nas actividades formativas

Cursos de ofimática e cursos relacionados co ámbito obxecto da bolsa

0,50 puntos por curso de duración igual ou superior a 20 horas e ata 74 horas

1 punto por curso de duración igual ou superior a 75 horas

A puntuación máxima que se pode obter nesta epígrafe é de 5 puntos

A acreditación dos estudos e titulacións realizarase mediante copia dos títulos ou certificados de participación nas actividades formativas

Lingua galega

1 punto polo Celga 3 ou titulación equivalente

2 puntos polo Celga 4 ou titulación equivalente

Linguas inglesa e francesa

O nivel de coñecemento acreditarase mediante o título da Escola Oficial de Idiomas ou outras institucións oficiais dentro do Marco común europeo de referencia para as linguas:

– Nivel B1: 3 puntos

– Nivel B2 ou superior: 4 puntos

As puntuacións por niveis dunha mesma lingua non son acumulativas.

Pasarán á segunda fase, entrevista persoal, os primeiros 6 clasificados por orde decrecente de puntuación. En caso de empate na posición 6, pasarán todas as persoas aspirantes que teñan esa mesma puntuación.

2. Segunda fase: entrevista persoal. Máximo 10 puntos.

As persoas candidatas seleccionadas serán convocadas a unha entrevista na cal se valorará o coñecemento xeral sobre a organización dunha oficina e a capacidade de adaptación e de traballo en equipo, especialmente en contornos multiculturais e multilingües. A comisión de valoración poderá efectuar preguntas en lingua inglesa e/ou francesa.

Disposicións comúns para as dúas modalidades:

Nas epígrafes referidas a idiomas e cursos de formación relacionados co obxecto destas bolsas non se valorarán as materias que formen parte do plan de estudos dunha titulación académica.

A comisión non valorará aqueles méritos das persoas candidatas que non estean acreditados documentalmente, os cursos que non acrediten as horas de duración e os inferiores a 20 horas lectivas, os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares e aqueles que teñan data posterior á de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

Artigo 11. Instrución do procedemento e tramitación

1. A competencia para resolver as solicitudes de concesión de bolsas presentadas ao abeiro desta convocatoria corresponderalle ao director da Fundación Galicia Europa. O órgano instrutor do procedemento será a Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea que, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, realizará cantas actuacións xulgue necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

2. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea, aprobará as listaxes provisionais das persoas aspirantes admitidas e excluídas que será publicada na páxina web da Fundación Galicia Europa e nos lugares determinados pola normativa vixente, con indicación dos seus apelidos, nome e das causas determinantes das exclusións que procedan.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse na páxina web da FGE e serán remitidas á comisión de valoración.

Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A comisión valorará os méritos alegados polas persoas candidatas conforme o baremo indicado no artigo 10 das bases reguladoras e publicará a listaxe provisional coa puntuación obtida. Establécese un prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio na páxina web da FGE, para realizar as posibles alegacións.

A estimación ou desestimación das ditas alegacións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva da valoración de méritos que se publicarán na páxina web da FGE.

4. A comisión de valoración convocará as persoas candidatas que superen a primeira fase á realización da entrevista persoal. A data e o lugar da celebración da devandita entrevista publicarase na páxina web da FGE. A concorrencia é obrigatoria. As persoas candidatas que non se presenten serán automaticamente excluídas do procedemento de selección.

5. Unha vez finalizada a fase de avaliación, a comisión formulará un informe no cal se concreten as puntuacións obtidas, que será remitido ao órgano instrutor. As bolsas concederanse en cada modalidade ás persoas candidatas que obteñan a mellor puntuación do proceso de selección, tendo sempre en conta as bases reguladoras.

6. Para o caso de empate na puntuación total obtida, este resolverase aplicando por orde os seguintes criterios:

a) A maior puntuación na primeira fase.

b) A maior puntuación na segunda fase.

c) A maior antigüidade na data de obtención do título.

d) A maior idade da persoa solicitante.

7. Despois de instruír o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

8. Transcorrido o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará un informe xunto coa proposta de resolución coa puntuación definitiva ordenada de maior a menor ao director da Fundación Galicia Europa, que no prazo máximo de quince días resolverá o procedemento de concesión no cal se adxudicarán as bolsas e se establecerá unha listaxe de reserva. O prazo máximo para a tramitación e resolución da concesión das bolsas será de seis meses, desde a data de publicación da convocatoria. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

9. A concesión da bolsa seralle notificada ás persoas adxudicatarias que, nun prazo de tres días hábiles están obrigadas a comunicarlle á Fundación Galicia Europa a súa aceptación ou renuncia por escrito conforme o modelo que figura como anexo III desta convocatoria. Se transcorrido este prazo non se produce manifestación expresa, esta entenderase tacitamente aceptada. Se a persoa beneficiaria renuncia expresamente á bolsa, esta concederase á seguinte persoa candidata con mellor puntuación dentro da modalidade de bolsa correspondente.

10. Se durante o desenvolvemento das prácticas se produce algunha vacante ou renuncia por parte das persoas beneficiarias, procederase á cobertura desta seguindo a orde establecida nas correspondentes listaxes de reserva en función da puntuación obtida.

11. De non presentarse solicitudes ou de que ningunha persoa candidata acepte a bolsa, a convocatoria será declarada deserta para a modalidade correspondente mediante resolución do director da Fundación Galicia Europa que se publicará na páxina web da Fundación Galicia Europa.

Artigo 12. Recursos

A resolución do director da Fundación Galicia Europa non pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 26.2.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

Artigo 13. Publicidade

A resolución de adxudicación das bolsas, así como os datos que deban notificarse de forma conxunta, publicarase na sede electrónica e na páxina web da Fundación Galicia Europa. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os seus efectos.

Artigo 14. Consentimentos e autorizacións

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude as persoas interesadas deberán presentar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a súa presentación.

2. De conformidade co artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a FGE publicará na súa páxina web a relación das persoas beneficiarias, así como a lista de reserva e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto das bases reguladoras e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto das bases reguladoras para a súa publicación.

A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 15. Obrigas das persoas beneficiarias

Ademais das obrigas previstas polo artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas seleccionadas quedan obrigadas pola aceptación da bolsa a:

1. Aceptar en todos os seus termos esta resolución. A comprobación de datos non axustada á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada, poderá supoñer a denegación ou revogación da axuda.

2. Acreditar que se dispón dun seguro de asistencia sanitaria, de accidentes e de repatriación en caso de accidente ou enfermidade, con cobertura internacional para as persoas bolseiras destinadas no exterior e vixencia polo período de duración da bolsa, ou ben acreditar por calquera medio admitido en dereito dispor da devandita cobertura.

3. Comezar o goce da bolsa dentro do prazo que se sinala en cada caso e desenvolver o seu labor sen que ningún outro compromiso anterior ou futuro o impida ou dificulte.

4. Manter un comportamento que en ningún caso implique un prexuízo para os intereses da Xunta de Galicia nin para a imaxe exterior de Galicia.

5. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas de Galicia.

Artigo 16. Compromisos da Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa comprométese a:

• Facer fronte ao pagamento das obrigas económicas derivadas da concesión desta bolsa.

• Efectuar as retencións á conta correspondentes ao imposto sobre a renda das persoas físicas, así como as cotas da Seguridade Social, de acordo co establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.

• Asignar ao beneficiario unha persoa que exerza a titoría e que será responsable da súa formación durante todo o período que duren as prácticas.

• Proporcionar un plan de formación co obxectivo de que a persoa bolseira adquira experiencia e un coñecemento práctico.

Ao remate do período de formación a persoa que exerza a titoría expedirá un certificado sobre asistencia e aproveitamento da bolsa.

Artigo 17. Incidencias

A Fundación Galicia Europa resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

En calquera momento, a persoa responsable da oficina da FGE poderá propoñerlle ao seu director cancelar a bolsa por falta de rendemento da persoa beneficiaria que, logo de dar trámite de audiencia ao interesado, poderá revogar a concesión da bolsa por incumprimento das obrigas contraídas pola persoa adxudicataria.

A Fundación Galicia Europa poderá autorizar a interrupción temporal da bolsa, logo da incorporación do bolseiro ao destino adxudicado, por motivos de forza maior.

A renuncia durante o goce da bolsa inhabilitará a persoa adxudicataria para os efectos de presentación nas seguintes convocatorias, agás nos casos de forza maior, que serán valorados pola FGE.

O incumprimento dos compromisos adquiridos de acordo coas bases precedentes dará lugar á revogación da axuda concedida e, de ser o caso, á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto na lexislación vixente. Así mesmo, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa obxecto desta resolución e a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes privados nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 18. Notificación electrónica

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos realizaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. De acordo coa normativa vixente en materia de desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como a de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá efectuada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para os efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación realizada.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite seguíndose o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

5. Se a notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia efectuará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

Artigo 19. Protección de datos

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Fundación Galicia Europa. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Fundación Galicia Europa, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu.

Artigo 20. Remisión normativa

En todo o non recollido na presente resolución aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia; na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificada pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade correspondente.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file