Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58495

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de varias prazas de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de varias prazas de persoal para os proxectos Cockles e Marrisk:

Proxecto Cockles: dous técnicos superiores.

Proxecto Marrisk: un técnico superior, un técnico FP.

As bases están expostas na sede de Cetmar, sita en rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e, na páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Vigo, 19 de decembro de 2017

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar