Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58496

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para un posto de técnico/a superior de proxecto (referencia MSO4SC-17-TSP2).

Praza: (1) técnico/a superior de proxecto (referencia MSO4SC-17-TSP2)

Proxecto que se vai desenvolver: mathematical modelling, simulation and optimization for societal challenges with scientific computing (MSO4SC).

Modalidade contractual: contrato temporal a xornada completa, para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

As bases de convocatoria do proceso selectivo estarán á disposición das persoas interesadas no enderezo da Fundación Cesga (avenida de Vigo, s/n, Edificio Cesga), Campus Sur, 15705 Santiago de Compostela, ou a través da páxina web http://www.cesga.es/ofertas_emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

Javier García Tobío
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia