Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 58950

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se actualizan os anexos V e VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación e os anexos I e II da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede revisar as codificacións recollidas nas ordes citadas, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e a autorización contida na disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

• Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.03.03

Inscrición para a inclusión nas bolsas para a selección de persoal funcionario interino para ocupar postos reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional

30.03.04

Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

30.14.12

Participación en sorteos de distribución de permisos de pesca fluvial

31.01.21

Emisión de distintivos da actividade de arrendamento de vehículos con condutor. Cobrarase unha taxa por cada distintivo emitido, inicialmente ou por substitución

31.11.03

Autorización de funcionamento ou traslado de entidade de distribución de medicamentos de uso humano

31.11.04

Autorización de modificacións relevantes que afecten os locais, equipos ou actividades de entidades de distribución de medicamentos de uso humano

31.11.05

Autorización de cambio de titularidade dunha entidade de distribución de medicamentos de uso humano

31.11.06

Autorización de peche de entidade de distribución de medicamentos de uso humano

31.11.07

Inspección para a verificación do cumprimento das boas prácticas de distribución de medicamentos de uso humano e/ou das boas prácticas de distribución de principios activos para medicamentos de uso humano

31.11.08

Inspección para a verificación do cumprimento das normas de correcta fabricación de medicamentos

31.11.09

Emisión de certificados de cumprimento de boas prácticas en materia de medicamentos (normas de correcta fabricación de medicamentos, boas prácticas de distribución de medicamentos e principios activos e outras asimilables)

31.25.03

Análise parasitolóxica por mostra nas unidades da Rede Integrada de Laboratorios de Diagnóstico de Triquina da Comunidade Autónoma de Galicia

32.25.35

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: verificación de produto ou verificación tras a reparación ou modificación de cinemómetros tramo (tramo adicional)

32.52.22

Declaración de subproduto

32.81.00

Informes preliminares de situación e informes de situación en materia de solos contaminados

Modificando os códigos seguintes:

30.03.00

Inscrición nas convocatorias para a selección de persoal das administracións públicas

30.03.01

Inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na Administración xeral da Comunidade Autónoma

30.03.02

Inscrición nos procesos de selección de persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma

31.07.04

Expedición de notificacións de movemento intracomunitario de animais vivos procedentes da acuicultura, certificados zoosanitarios e zootécnicos, incluídos os relacionados cos movementos de animais vivos e produtos de orixe animal, salvo que as tramitacións de autorizacións de traslado de animais se realicen de forma telemática a través da oficina agraria virtual da consellería competente en materia de acuicultura, ou que o operador actúe directamente a través do Sistema Traces (mínimo 2,91 € por certificación)

31.11.00

Servizos farmacéuticos e actividades realizadas en materia de medicamentos e principios activos para fabricar medicamentos

32.25.00

Emisión de certificados de verificación de produto, verificación periódica ou verificación tras a reparación ou modificación, emitidos directamente pola Administración, cando os ensaios os realice un laboratorio por ela designado (por instrumento)

32.25.30

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: verificación de produto ou verificación tras a reparación ou modificación de cinemómetros estáticos

32.25.31

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: verificación de produto ou verificación tras a reparación ou modificación de cinemómetros móbil

32.25.32

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: verificación de produto ou verificación tras a reparación ou modificación de cinemómetros tramo

Eliminando os códigos seguintes:

31.12.06

Expedición do certificado de formación en hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos

31.12.08

Autorización de entidades de formación para impartir programas de formación en hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos

31.25.01

Análise parasitolóxica por mostra tomada sen necesidade de presenza do veterinario no domicilio

31.25.02

Por visita, coa inclusión da análise parasitolóxica

Segundo. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, quedando como segue:

Banco Santander.

Banco Popular.

Banco Sabadell.

Banco Caixa Geral.

BBVA.

Targobank.

Banco Pastor.

Evo Banco.

Bankia.

Abanca.

Ibercaja.

Caixabank.

Caja Rural Galega.

Caja Rural Zamora.

Terceiro. Actualizar os anexos I e II da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, facendo as seguintes modificacións:

Eliminando do anexo I e engadindo ao anexo II da orde o prezo:

364600

Servizos prestados polo Laboratorio de Metroloxía de Galicia

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2018

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia