Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un apercibimento en relación co expediente sancionador MON-LU-0016/2016-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 12 de decembro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON- LU-0016/2016-FOR.

Interesado: Jesús García Varela.

Acto notificado: apercibimento.