Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se notifica a resolución correspondente ao expediente INC-OU-061/2017-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente INC-OU-061/2017-SUB.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Os interesados poderán comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais, na Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, e será inmediatamente executiva, de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: INC-OU-061/2017-SUB.

Interesados: herdeiros de Josefa Martínez Sousa.

Acto de notificación: resolución de expediente.

Último enderezo coñecido: Sabuz, s/n, 32825 Cartelle (Ourense).