Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59094

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio de oferta de emprego público para o ano 2017.

No Diario Oficial de Galicia nº 228, do 30 de novembro de 2017, publicouse a oferta de emprego público da Deputación Provincial de Pontevedra para o ano 2017.

Advertido un erro na relación de funcionarios de carreira pola quenda libre, respecto á clasificación da praza de encargado/a coordinador/a de brigadas, e na relación de persoal laboral fixo pola quenda de promoción interna, respecto ao grupo do posto de oficial/a de servizos varios e subalternos, ao abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a súa rectificación:

1. Na páxina 54773, onde di:

Funcionarios de carreira: prazas por quenda libre.

Gr

Denominación

Clasificación

Sistema de acceso

C1

Encargado/a coordinador/a de brigadas

Escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar

1

Oposición libre

Debe dicir:

Funcionarios de carreira: prazas por quenda libre.

Gr

Denominación

Clasificación

Sistema de acceso

C2

Encargado/a coordinador/a de brigadas

Escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios

1

Oposición libre

2. Na páxina 54775, onde di:

Laborais fixos: quenda promoción interna.

Gr

Denominación

Sistema de acceso

E

Oficial/a de servizos varios e subalternos

6

Concurso-oposición promoción interna

Debe dicir:

Laborais fixos: quenda promoción interna.

Gr

Denominación

Sistema de acceso

C2

Oficial/a de servizos varios e subalternos

6

Concurso-oposición promoción interna