Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59100

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

EXTRACTO do Anuncio do 20 de decembro de 2017 polo que se convocan seis bolsas, cinco dirixidas a persoas tituladas superiores universitarias e unha en formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 377092.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS)
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das bolsas serán persoas tituladas universitarias e técnicas superiores de formación profesional con nacionalidade española ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea.

Deberán ser naturais de Galicia, ser fillos/fillas de galegos ou acreditar residencia en Galicia desde antes do 1 de xaneiro de 2015.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto convocar seis bolsas de formación práctica, cinco dirixidas a persoas licenciadas ou posuidoras de grao universitario e unha dirixida a persoas técnicas superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á Dirección, para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas durante o ano 2018.

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras do procedemento están recollidas na Orde do 1 de decembro de 2017 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación práctica dirixidas a persoas tituladas superiores universitarias e en formación profesional en asuntos relacionados coa Unión Europea (código de procedemento PR770N).

Cuarto. Importe

O financiamento destas bolsas será de 87.117,28 € que se imputarán á aplicación orzamentaria 05.26.111E.443.02 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa