Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59045

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 14 de decembro de 2017 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario, no marco do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria e a Fundación Juana de Vega para a caracterización, recuperación e conservación da biodiversidade xenética vexetal de especies de interese agrario de Galicia.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web:

http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario regulado na lexislación vixente que resulte de aplicación, particularmente, polo disposto nos artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores modificado polo Real decreto lei 10/2010; pola Lei 12/2001, con especial referencia aos termos da disposición adicional sétima; pola Lei 14/2011 e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o referido artigo 15 do Estatuto dos traballadores.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria