Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59046

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (1023/2012).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC por medio deste notifícase a Proyectados Lobios, S.L.U., a sentenza con data do 18.10.2016 cuxo encabezamento e sentenza son do tenor literal seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade seguidos ante este xulgado baixo o número 1023 do ano 2012, por instancia de Escayolas Galuso, S.L., representado pola procuradora Sra. Ogando Vázquez e asistida do letrado Sr. Villar Fernández en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Bastida, e como demandado Proxectados Lobios, S.L.U., en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais…

Estimar a demanda interposta por Escayolas Galuso, S.L. representado pola procuradora Sr. Ogando Vázquez e asistida do letrado Sr. Villar Fernández en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Bastida, e como demandado Proyectados Lobios, S.L.U., en situación de rebeldía procesual, e condeno ao demandado a aboar á demandante a cantidade de 10.492,32 euros máis os xuros segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que pronunciase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contado desde o día seguinte da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, agás que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander na conta deste expediente 0049 3569 92 0005001274 indicando, no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluírse, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedece a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza».

Ourense, 20 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza