Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59318

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de decembro de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega da Industria Forestal.

A aprobación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia Galega da Industria Forestal xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta do director da axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de decembro de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Galega da Industria Forestal, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, derivada da aprobación do Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, e baseada nas necesidades funcionais e organizativas desta.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor o día 1 de xaneiro de 2018.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 28 de decembro de 2017, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia Galega da Industria Forestal, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C           CONCURSO

CE         CONCURSO ESPECÍFICO

LD          LIBRE DESIGNACIÓN

PD         PERSOAL DIRECTIVO

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

501        LIC./GRAO DEREITO (MÉRITO)

640        PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.)

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11        ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.

AXG       ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS

ECO      ECONÓMICA-ORZAMENTARIA

PER       PERSOAL

XUR       TÉCNICO-XURÍDICA