De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do segundo cuadrimestre do ano 2017, que se incorporan como anexo a esta resolución.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017
María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios
ANEXO
Descrición |
Importe (euros) |
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas de xornalismo nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia. |
13.320,00 |
Convenio de colaboración para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación en 2017, entre a Secretaría Xeral de Medios e Corporación Voz de Galicia, S.L.U. |
125.000,00 |
Convenio de colaboración para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación en 2017, entre a Secretaría Xeral de Medios e Editorial Compostela, S.A. |
115.000,00 |
Convenio de colaboración para a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (i+d+i) en Galicia no ano 2017, entre a Secretaría Xeral de Medios e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. |
120.000,00 |