Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Baiona, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puideron practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a eficacia á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmanse os interesados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2017/569-4) atópase á súa disposición durante un prazo de 20 días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 15 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Barreira

54003A029001900000HL

Baiona