María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1211/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Manuel Santiago Pedrosa contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, S & V Seguridad, S.A., sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:
Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Felipe Manuel Santiago Pedrosa, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, e a entidade S & V Seguridad, S.A., ás que, en consecuencia, debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo mando e asino.
Asinado maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña Pilar Carreira Vidal.
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa S&V Seguridade, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 5 de decembro de 2017
A letrada da Administración de xustiza