Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 846/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Fabeiro Vidal contra Fondo de Garantía Salarial, Químicos del Ulla, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:
Ter por desistida a Patricia Fabeiro Vidal da súa demanda, e unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.
Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.
Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).
E para que sirva de notificación en legal forma a Químicos del Ulla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017
A letrada da Administración de xustiza