Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 316

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (404/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 404/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Uzal Rodríguez contra a empresa Cocinas Novara, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Manuel Uzal Rodríguez contra a empresa Cocinas Novara, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 1.193,44 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 48,22 euros/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Cocinas Novara, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza