Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1018

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro 2017 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17, convocados pola Orde do 31 de agosto de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 11 de setembro).

A Orde do 31 de agosto de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17, establece no seu artigo 14.1 que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez resolta a convocatoria, publicadas as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.gal, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17, ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Premios extraordinarios nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17

Modalidade de Música

Cód.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

104493

Rodríguez Otero, Marta

CMUS Profesional Xoán Montes

850 €

124911

Morales Rejas, Laura

CMUS Profesional de VIGO

850 €

109360

Hermida Rodríguez, Marina

CMUS Profesional Manuel Quiroga

850 €

Modalidade de Danza

Cód.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

17405

Vázquez Barreiro, Alejandra

CDAN Conservatorio Profesional de Danza da Coruña

850 €

Modalidade de Artes Plásticas e Deseño

Cód.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

20170929

Fernández Vázquez, M. Teresa

Centro de Artes e Deseño AULA D de Vigo

850 €

136696

Vidal Míguez, Diego

EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela

850 €