Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1443

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Vigo (Sección Sexta)

EDICTO (155/2017).

M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, polo presente fago constar que na peza de apelación 155/2017, dimanante do ordinario 664/2012 do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, por esta sección en data do 11 de outubro de 2017, se ditou sentenza estimando o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. Martínez Melón en representación da Universidade de Navarra-Clínica Universitaria de Navarra, revogando a ditada en primeira instancia no senso que se deixa sen efecto o pronunciamento referido á absolución de Marta Moldes Brandariz, manténdose no demais a sentenza de instancia e sen facer expresa declaración en canto ás custas, cuxo texto íntegro atópase nesta sección a disposición dos interesados.

A sentenza de apelación poderá impugnarse ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, a medio de recurso de casación por interese casacional e/ou extraordinario por infracción procesual, que se interporá ante esta sección, a medio de escrito asinado por avogado e procurador, no prazo dos vinte días hábiles seguintes á súa notificación.

Para que conste a súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación a Marta Moldes Brandariz e a herdanza xacente de Fernando del Pilar Rodríguez Martín-Varela, expido e asino este edicto.

Vigo, 18 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza