Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1444

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (604/2016).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Santiago de Compostela, nos autos á marxe referenciados ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal seguinte:

«Sentenza: 115/2017.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 604/2016, seguidos por instancia de Aleixo Alonso Miguélez, representado polo procurador Sr. Martínez Lage, baixo a asistencia letrada de Sr. Barreiro Riveiro, contra Eduardo Castro Porrua (posteriormente desistido), Wendy Coromoto Paerz Casique, representada pola procuradora Sra. Tomé Sieira e baixo a asistencia letrada de Sr. Fernández Refojo González e contra Camilo Andrés Suescun Davila, emprazado por edictos e en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Estímase parcialmente a demanda presentada polo procurador Sr. Martínez Lage no nome e representación invocada e, condénase o codemandado Camilo Andrés Suescun Davila a pagar ao demandante a cantidade de cinco mil trescentos noventa e dous euros e catorce céntimos (5.392,14 €), máis os xuros legais de dita cantidade nos termos que se indican no fundamento xurídico terceiro e se condena a codemandada Wendy Coromoto Paez Casique a pagar ao demandante a cantidade de cinco mil trescentos noventa e dous euros e catorce céntimos (5.392,14 €) máis os xuros legais da devandita cantidade nos termos que se indican no fundamento xurídico terceiro. Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso.

Así, o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E encontrándose o devandito demandado Camilo Andrés Suescun Davila, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza