Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 492/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 492/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Freddy Adalberto Valladares Montalvo contra a empresa Alize Tub Fr, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 492/2017

Demandante: Freddy Adalberto Valladares Montalvo

Letrado: Sr. Crespo Paredes

Demandada: Alize Tub Fr, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

Sentenza 616/2017.

A Coruña, 15 de novembro de 2017.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Freddy Adalberto Valladares Montalvo contra a empresa Alize Tub Fr, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 27.999,28 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 145,83 euros/día.

3º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución, sen prexuízo dos límites legais en relación coa súa responsabilidade, se a houber.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo. Publicado no día da súa data. Marta Yanguas del Valle.

E para que conste e sirva de notificación a Alize Tub Fr, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza