Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (771/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 771/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Juiz Pinto, Santiago Doval Vázquez, Daniel Villares López contra Fondo de Garantía Salarial, Falcón Contratas y Seguridade, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 771/2015

Demandantes: Daniel Villares López; Marcos Juiz Pinto; Santiago Doval Vázquez

Letrada: Sra. Campos Vázquez

Demandados: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza nº 618/2017.

A Coruña, 15 de novembro de 2017.

Decido:

1. Admito a demanda formulada por Daniel Villares López; Marcos Juiz Pinto; Santiago Doval Vázquez fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a aboar:

– A Daniel Villares López a suma de 2.142,78 euros polos conceptos expostos no número segundo da demanda, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.

– A Santiago Doval Vázquez a suma de 3.685,89 euros polos conceptos expostos no feito segundo da demanda, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.

– A Marcos Juiz Pinto a suma de 1.891,88 euros polos conceptos expostos no feito segundo do escrito reitor, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino.

Asinado: Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado: Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza