Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2018 Páx. 1804

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no segundo cuadrimestre do ano 2017 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para a formación práctica de titulados do Sistema Universitario Galego (SUG) e de formación profesional a través do programa de becas de formación.

Obxecto: establecer as condicións de colaboración entre o Inega e Feuga para a formación práctica de titulados do Sistema Público Galego a través dos seus programas de bolsas (PB), co fin último de potenciar a formación dos recentes titulados e preparar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

Sinatura: 1 de setembro de 2017.

Importe: 30.000,00 €.

Nº: 2.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para actividades de divulgación, difusión, promoción e formación sobre xeotermia en Galicia.

Obxecto: establecer as condicións da colaboración entre o Inega e Acluxega para a realización de actividades relacionadas co fomento da xeotermia en Galicia durante o 2017, asignando os recursos necesarios para levalas a cabo.

Sinatura: 20 de outubro de 2017.

Importe: 15.000 €.