Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2018 Páx. 1805

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución do 27 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 28 de marzo de 2017, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, facultando ao director xeral a súa convocatoria e publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal se levou a cabo no DOG nº 129, do 7 de xullo de 2017.

No ordinal cuarto do resolvo aparece unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. Transcorridos os primeiros meses do programa e co fin de asegurar a correcta execución deste, cómpre modificar a asignación de servizos ás convocatorias do programa.

A modificación das convocatorias de servizos non supón un maior gasto, dado que a suma dos servizos consumidos ata o de agora máis a distribución que se propón nesta modificación resulta nun total de servizos idéntico ao inicialmente convocado.

En virtude destes antecedentes, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a distribución de servizos para as próximas convocatorias 2017-3, 2017-4, 2018-1 e 2018-2, prevista no ordinal cuarto do resolvo da Resolución do 28 de marzo de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que quedaría configurada do seguinte xeito:

Servizo

Xa asignados

2017.3

2017.4

2018.1

2018.2

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (A Coruña)

10

5

13

13

14

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

10

3

14

14

14

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo-Ourense)

2

0

3

3

4

Mellora xestión financeira e procura de financiamento

11

7

11

10

0

Optimización da produción e cadea loxística

2

10

14

17

17

Asesoramento para o relanzamento comercial

1

3

15

25

0

Implementación de xestión por procesos

10

5

12

9

0

Mellora da imaxe e comunicación empresarial

3

3

10

4

0

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

7

8

20

15

0

Asesoramento no desenvolvemento de plans de acción

3

7

20

13

0

Elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

0

1

2

2

2

Identificación de redes de cooperación e socios

0

0

4

15

6

Asesoramento para a redefinición de negocio

3

1

4

12

0

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica