Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2278

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de decreto (RSU 2975/2015-RCUD 104/16-S).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 2975/2015

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 637/2014. Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Pizarras de León, S.A., Promoción de Industrias Orensanas, S.A. (Proinor, S.A.), Pizarras Intradima, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua MC Mutual, Barreda López e Hijos, S.L., Tomás Araújo Rodríguez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2975/2015-RCUD 104/16-S desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Pizarras de León, S.A., Promoción de Industrias Orensanas, S.A. (Proinor, S.A.), Pizarras Intradima, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua MC Mutual, Barreda López e Hijos, S.L., Tomás Araújo Rodríguez, sobre outros dereitos de seguridade social, foi pronunciado pola Sala IV do Tribunal Supremo decreto que resolve o recurso de casación en unificación de doutrina interposto contra a sentenza ditada por esta sala, cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Dispoño: declarar desistido o recurso de casación para a unificación de doutrina preparado polo INSS e a TXSS contra a sentenza ditada polo T.S.X. de Galicia Social da Coruña na data do vinte e nove de marzo de dous mil dezaseis, no recurso número 2975/2015, e suspender o sinalamento de votación e decisión que estaba acordado.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que non terá efectos suspensivos respecto ao acordado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras de León, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza