Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2280

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3801/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3801/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 1108/2016 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Fogasa

Avogado/a: letrado de Fogasa

Recorridos: Eurolinings, S.L., Alcides Antonio Filgueira Fernández, Cipriano Miguel Correira Gonçalves, Admon. Concursal Eurolinings (Ana Escobedo Sela)

Avogados, Henrique Landesa Martínez, Henrique Landesa Martínez, Ana Escobedo Sela

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3801/2017 seguido por instancia de Alcides Antonio Filgueira Fernández e outros, contra Fogasa, Eurolinings, S.L., Admon. Concursal Eurolinings (Ana Escobedo Sela) sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 11 de decembro de 2017.

O anterior escrito presentado pola letrada substituta da avogacía do Estado para o Fondo de Garantía Salarial únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Respecto ao outrosí digo, no momento da interposición do recurso de casación para unificación de doutrina acordarase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Eurolinning, S.L. en ignorado paradoiro, con último domicilio en Ríos, Teis Vigo (Pontevedra), expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza