Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2379

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de obra de mellora de rede viaria en Piñeiro e A Costa-Zan (Trasmonte), Valverde-Berdomás (Vilarromarís), Piñeirón-Porto Avieira, Piñeirón-A Falmega, rúa Celso Emilio Ferreiro e A Igrexa-Porto Avieira (A Gándara) e Mixoi-Castiñeiro Redondo (Calvente) incluída no POS+2017 (expediente_contra: 2017/C003/000005).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Intervención.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso,15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: contratacion@oroso.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017/C003/000005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: mellora de rede viaria en Piñeiro e A Costa-Zan (Trasmonte), Valverde-Berdomás (Vilarromarís), Piñeirón-Porto Avieira, Piñeirón-A Falmega, rúa Celso Emilio Ferreiro e A Igrexa-Porto Avieira (A Gándara) e Mixoi-Castiñeiro Redondo (Calvente).

c) CPV:45233252-0: traballos de pavimentación de rúas.

d) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicacion.

c) Criterios de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento base de licitación: 269.966,32 euros, máis IVE de 56.692,93 euros. Total: 326.659,25 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 323.959,59 euros.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na claúsula 12.1.2 (documentación simplificada) do prego de claúsulas administrativas.

c) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

d) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidad y código postal: Oroso 15888.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas: publicarase no perfil do contratante.

9. Pregos: é de aplicación o prego de cláusulas administrativas particulares da Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 3, do 7.1.2016).

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 3 de xaneiro 2018

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde