Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2378

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do Vieiro.

Aprobado definitivamente o proxecto de urbanización que afecta o ámbito de actuación do Vieiro para levar á práctica as determinacións do proxecto de urbanización referente ao Plan de sectorización, por Acordo da Xunta de Goberno Local do 30.11.2017, de conformidade co artigo 96.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no xornal.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor, de xeito potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da derradeira publicación.

De non interpor recurso de reposición, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo contra o presente acordo será de dous meses desde o día seguinte á derradeira publicación, perante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo correspondente.

A Cañiza, 12 de decembro de 2017

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde