Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2650

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A).

BDNS (Identif.): 381199.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

As persoas que teñan a condición de operador, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas en que polo menos un dos integrantes teña a condición de operador segundo se establece no punto anterior.

Segundo. Finalidade

Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida, capaces de prestar servizos de 100 Mbps ou superior, para dotar de cobertura a totalidade ou partes claramente delimitadas das entidades singulares de poboación (ESP) de menos de 300 habitantes obxectivo.

As subvencións convocadas ao abeiro das presentes bases están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia, no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A).º

Cuarto. Importe

Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 14.200.000 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0, dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa seguinte distribución:

Aplicación

Código proxecto

2018

2019

2020

04.A1.571A.770.0

2016 00001

2.683.739,20 €

7.677.507,20 €

3.838.753,60 €

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e nun 17,50 % pola Xunta de Galicia no marco da submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular a súa creación, mellora e ampliación, as infraestruturas de banda larga pasivas e a oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

A intensidade máxima destas subvencións será do noventa por cento (90%) do custo elixible do proxecto.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia