Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2585

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 15 de decembro de 2017 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.

BDNS (Identif.): 380445.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhafp.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Todos os concellos de Galicia.

Segundo. Obxecto

Regular o procedemento de concesión das axudas tramitadas ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019, dirixidas ao fomento de actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais dos concellos de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 15 de decembro de 2017 para a concesión, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 15.998.687 €, distribuída en dúas anualidades:

2017: 7.999.343,50 €.

2018: 7.999.343,50 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da Resolución do 15 de decembro de 2017 para a concesión, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Sexto. Outros datos

A concesión de axudas tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

A porcentaxe de axuda calcularase sobre o importe dos gastos subvencionables ata o límite do importe asignado a cada concello.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural