Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3428

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal na categoría profesional de licenciado en Dereito.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas II, para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) na categoría profesional de licenciado en Dereito.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.