Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3427

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle dun tramo da fronte marítima do peirao da vila de Mugardos.

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 14 de decembro de 2017, aprobou inicialmente o estudo de detalle dun tramo da fronte marítima do peirao da vila de Mugardos, promovido polo Concello de Mugardos, documento de data xullo de 2017, redactado polos arquitectos Miguel A. Abad Blanco e Antonio Deus Álvarez.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o prazo dun (1) mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG, poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 14 de febreiro de 2017, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no dito estudio de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Mugardos, 21 de decembro de 2017

María Pilar Díaz Otero
Alcaldesa