Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2017/491-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMTA LAL8111060 en Albarellos.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 419 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/14, no tramo LAL8111060 (cara á subestación de Lalín) e final no apoio proxectado C-4500/14 no tramo LAL8111060 (LAL811 Rodeiro-Cogal). A instalación está situada en Albarellos, Lalín.

Con data do 27 de outubro de 2017, Hilda Vence Fernández, presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación co expediente IN407A 2017/491-4 proxecto «Recuamento LMTA LAL 8111060 en Albarellos (Lalín)», no cal indica que o dito recuamento provocará servidumes en dúas das súas leiras, en concreto, no tramo entre os apoios nº 1, nº 2 e nº 3 provocaralle servidumes na súa leira nº 243 e o tramo entre os apoios nº 4 e nº 5 provocaralle servidumes na súa leira nº 224.

Con data do 5 de decembro de 2017, Fernando Val López, en representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., presenta nesta xefatura territorial escrito de contestación ás alegacións no cal indica que se procederá á modificación dos apoios nº 1, nº 2 e nº 3, de tal xeito que a servidume xerada pola liña se sitúe na súa totalidade na parcela do solicitante do recuamento. Respecto da servidume de voo alegada sobre a leira nº 224, indica que en ningún caso afecta a leira nº 224, para o cal achega plano coa delimitación da parcela do solicitante do recuamento.

Con data do 15 de decembro de 2017, Fernando Val López, en representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., presenta nesta xefatura territorial novo escrito de contestación ás alegacións no cal indica que se procederá á modificación do apoio nº 5 coa intención de que a servidume de voo xerada se sitúe na súa totalidade na parcela do solicitante do recuamento.

Unha vez examinados os ditos escritos, conclúese que as alegaciones presentadas contra o expediente expediente IN407A 2017/491-4 «Recuamento LMTA LAL 8111060 en Albarellos (Lalín)» por Hilda Vence Fernández foron aceptadas na súa totalidade, polo que se modificará a posición dos apoios e a traza da liña proxectada, de forma que a totalidade da servidume xerada por este recuamento quede dentro da parcela propiedade do solicitante do recuamento, sen afectar as parcelas nin camiños a que se refiere a reclamante.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 20 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra