Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de decembro de 2017 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU1/144/2012-B1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de novembro de 2017, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/144/2012 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 29.10.2013, na que se ordena a demolición dunha edificación de tipoloxía residencial, composta de planta baixa, planta primeira e planta baixo cuberta e construción de edificación auxiliar de planta baixa de 8,00 m×5,00 m, situadas na parcela 3 (número 1º, letra d), dos feitos probados), realizadas sen autorización autonómica, no lugar de Xan Amigo, parroquia de Osedo, no concello de Sada, por resultar incompatibles co ordenamiento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Carmen García Cambeiro, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística