Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de decembro de 2017 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 373/2017 no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/137/2014-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 373/2017, interposto por Teresa Vidal Gómez, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso potestativo de reposición o 13.9.2017, interposto contra outra do 16.3.2016, expediente POL/137/2014-RP1, na que se declara prescrita a infracción respecto da edificación auxiliar e muros polo transcurso do prazo legalmente establecido na Lei de costas, e se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, debendo proceder á demolición da edificación auxiliar, sita no camiño Urxeira, núm. 1, Chancelas, urbanización Mar Tambo, Concello de Poio, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Florencio Cruz Barreiro para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S.(Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo;
DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística