Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0318-2017 CAF.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación determinará a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 26 de decembro de 2017

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Orde do 13.4.2016)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0318-2017 CAF.

Denunciado: Guillermo Gestal Fandiño.

Acto de notificación: proposta de resolución.