Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de aplicación segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural; rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Telefono: 988 38 64 89.

Ourense, 27 de decembro de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Propietario: nº 20.

Interesado: Manuel Álvarez Álvarez.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Zona de concentración parcelaria: Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense).