Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4359

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de decembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, mediante libre designación, de diversas prazas de xefatura de servizos de Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, a provisión dos postos de xefatura dos servizos de Atención Primaria que se relacionan no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, preferentemente no Rexistro do Hospital Universitario Lucus Augusti, rúa Doutor Ulises Romero, nº 1, 27003 Lugo; ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de decembro de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto

Nº de vacantes

Xefe/a do Servizo de Atención Primaria da Milagrosa

1

Xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Guntín

1

Xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Viveiro

1

Xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Praza de Ferrol (Lugo)

1